Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 9969

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1364/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que con data do 12 de febreiro de 2015 se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza nº 98/2015.

A Coruña, 12 de febreiro de 2015.

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 1364/2013 seguidos por instancia da Fundación Laboral de la Costrucción, representada polo letrado Jesús Ángel Rodríguez Ferreiro, contra a entidade Gestión Inmobiliaria Gallega, S.L., que non comparece, sobre reclamación de cantidade.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo a Fundación Laboral de la Construcción contra a entidade Gestión Inmobiliaria Gallega, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Gestión Inmobiliaria Gallega, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 262,17 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a Gestión Inmobiliaria Gallega, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, salvo as que sexan emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 16 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial