Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 9970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a contratación, documentalmente simplificada e por prezos unitarios, do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria Atención ás emerxencias e protección civil. Procedemento aberto, tramitación ordinaria e adxudicación baseada en multicriterios.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2) Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfonos: información de índole técnica: 981 54 42 59 e información de índole administrativa: 981 54 42 59, 981 54 45 17 e 981 95 78 22.

5) Telefax: 981 54 42 39.

6) Correos electrónicos:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es ou manuel.perez.gonzalez@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22078

8) Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: 2015-SESE 07-AMP.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria Atención ás emerxencias e protección civil.

c) División por lotes e número de lotes: non leva lotes.

d) Lugar de execución: a prestación deste servizo axustarase ao indicado na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución: o indicado na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 79341000-6. Servizos de publicidade.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 198.347,11 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 198.347,11 €.

Importe do IVE (21 %): 41.652,89 €.

Importe total: 240.000,00 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación (IVE incluído).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e finalizará o decimo quinto día natural, ás 14.00 horas, salvo que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral e de Información á cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2) Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar en acto público, ás 12.00 horas, o décimo día natural seguinte ao da data de finalización do prazo de presentación das proposicións, de coincidir sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza