Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 9974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato suxeito a regulación harmonizada da subministración, mediante arrendamento financeiro (renting), de 58 vehículos para uso do parque móbil da Xunta de Galicia, polo procedemento aberto e adxudicación baseada en multicriterios.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de subministracións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2014-SUSE 02-EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20528

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: subministración, mediante arrendamento financeiro (renting), de 58 vehículos para uso do parque móbil da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 66114000-2.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE nº S94, do 15.5.2014, BOE nº 124, do 22.5.2014 e DOG nº 105, do 4.6.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.376.968,87 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 860.605,55 €. Importe total: 1.041.332,72 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 30 de decembro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 28 de xaneiro de 2015.

c) Contratista: Noyamovil, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 857.317,36 €. Importe total: 1.037.354,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza