Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 9976

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 5 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de xogo número L-6/13.

Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación a José Luis Curbelo Muñoz, en relación co expediente sancionador en materia de xogo L-6/13 que se relaciona no anexo que se achega, non foi posible efectuala, polo que esta Dirección Xeral de Emerxencias e Interior acorda proceder á notificación da dita resolución por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Lugo, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro.

O interesado poderá examinar a citada resolución completa no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma, 25-27, de Santiago de Compostela, desde as 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra a resolución do expediente indicado, que non esgota a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, podendo interporse o dito recurso ou calquera outro que considere pertinente ao seu dereito, ante esta dirección xeral e/ou ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2014

Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: L-6/13.

Interesado: José Luis Curbelo Muñoz.

DNI/NIF: X7997103A.

Último enderezo coñecido: rolda do Carme, 21, 1º B, 27004 Lugo.

Data da resolución: 28 de novembro de 2014.

Tipificación e precepto infrinxido: moi grave. Artigo 4 da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia.

Sanción: non procede impoñer ningunha sanción porque se produciu caducidade.