Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 9965

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1374/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que con data do 9.2.2015 se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza nº 87/2015.

A Coruña, 9 de febreiro de 2015.

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 1374/2013 seguidos por instancia de Francisco Zas Rodríguez, representado pola letrada Mónica Seijo Muíño, contra a entidade A.P.O. Infraestructuras, S.L., a administración concursal de A.P.O. Infraestructuras, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparece, sobre reclamación de cantidade –salarios–.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Francisco Zas Rodríguez contra A.P.O. Infraestructuras, S.L. e la administración concursal de A.P.O. Infraestructuras, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a A.P.O. Infraestructuras, S.L. e a súa administración concursal a que lle aboe ao demandante a cantidade de 275,02 euros líquidos polos salarios que resten dos meses de agosto de 2013, 691,22 euros brutos pola compensación económica polas vacacións non gozadas no ano 2013, e 978,26 euros brutos por horas extraordinarias realizadas en agosto e setembro de 2013, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co núm. 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a A.P.O. Infraestructuras, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, salvo as que sexan emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 12 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial