Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 9964

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (540/2013).

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Marta María Ferradáns Padín, en nome e representación de Mónica Rebolo Trillo asistida da letrada Sra. Bahamonde Romano fronte a Alex Ávila Vaca, maior de idade, indicado nos autos declarado en rebeldía procesual e sen intervención do Ministerio Fiscal al no concorrer fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, e, en consecuencia procede decretar a disolución por divorcio do matrimonio contraído por ambos litigantes o día 26 de xaneiro de 2009 na Lama (Pontevedra) inscrito no tomo 25 da sección 2ª páxina 177 do Rexistro civil desa cidade, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1 do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio.

Unha vez que sexa firme esta resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do proceso».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Alex Ávila Vaca, esténdese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vilagarcía de Arousa, 20 de xaneiro de 2015

O/a secretario/a xudicial