Nieves Corral Montes, xuíza de Primeira Instancia número 1 dos de Ribeira, fago saber que neste xulgado e co número 75/2011 se segue por instancia de Francisca Rivas Pillado expediente para a declaración de falecemento de Manuel Antonio Rivas Pérez, natural de Ribeira, veciño de Palmeira, nacido o 31 de agosto de 1956. O que se fai público para que os que teñan noticias da súa existencia poidan poñelas en coñecemento do xulgado e ser oídos.
Ribeira, 24 de marzo de 2014
A xuíza |
O/A secretario/a |