Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2015 Páx. 9570

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (758/2009).

No xuízo de referencia ditouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución literal son os seguintes:

«Sentenza

Vigo, 14 de xuño de 2013.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de reclamación de filiación non matrimonial co nº 758/2009, promovidos por Asunción Iglesias Estévez, representada polo procurador Sr. Atienza Merino e asistida do letrado Sr. Barros Molares, contra Alfonso Lorenzo Torres, en situación procesual de rebeldía. Con intervención do Ministerio Fiscal.

Resolución

Estimando integramente a demanda promovida pola representación de Asunción Iglesias Estévez contra Alfonso Lorenzo Torres, debo declarar e declaro que Asunción Iglesias Estévez é filla non matrimonial de Alfonso Lorenzo Torres.

Non se fai expresa imposición das custas procesuais.

Notifíquese ás partes e comuníquese de oficio a presente resolución ao encargado do Rexistro Civil correspondente para os efectos rexistrais oportunos.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación, que se deberá interpor ante este xulgado para a Audiencia Provincial nos vinte días seguintes ao da súa notificación».

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, por medio deste edicto notifícaselle a Alfonso Lorenzo Torres a sentenza ditada.

Vigo, 9 de outubro de 2014

A secretaria xudicial