Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2015 Páx. 9571

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1256/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que con data do 5 de decembro de 2014 se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza número 649/2014.

A Coruña, 5 de decembro de 2014.

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 1256/2013 seguidos por instancia de Elena María Eiroa Pallas e Beatriz Casal Fernández, asistidas pola letrada María José Núñez Santos, contra a entidade Singla Ingeniería, S.L. e a súa administración concursal, que non comparecen, e o Fondo de Garantía Salarial, representado pola letrada Rosa Prosper Montalvo, sobre reclamación de cantidade –salarios e indemnización–.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade interpuxeron Elena María Eiroa Pallas e Beatriz Casal Fernández, contra o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, debo absolvelo de todo o solicitado na súa contra, ao concorrer excepción de prescrición respecto aos salarios, e estar comprometido o pagamento das indemnizacións reclamadas por despedimento.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxeron Elena María Eiroa Pallas e Beatriz Casal Fernández, contra a entidade Singla Ingeniería, S.L. e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Singla Ingeniería, S.L. a que lles aboe ás demandantes as seguintes cantidades:

– A Beatriz Casal Fernández, a cantidade de 1.397,02 euros líquidos, polos salarios devindicados en setembro e outubro de 2012, incluíndo parte proporcional de paga extra de Nadal, incrementada no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 293,6 euros como indemnización por despedimento obxectivo non aboada polo Fogasa.

– A Elena María Eiroa Pallas, a cantidade de 279,42 euros como indemnización por despedimento obxectivo non aboada polo Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco (5) días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a Singla Ingeniería, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, salvo as que sexan emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 13 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial