Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2015 Páx. 9573

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (7/2015).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 7/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Arturo José Meireles Arregui contra Paralelo Textil, S.L. sobre ordinario, se ditaron distintas resolucións cuxa parte dispositiva dispón:

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Arturo José Meireles Arregui, fronte a Paralelo Textil, S.L., parte executada, por importe de 246,45 euros en concepto de principal, máis outros 24,65 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Dar por terminado o presente procedemento de execución seguido por instancia de Arturo José Meireles Arregui fronte a Paralelo Textil, S.L.

E para que sirva de notificación en legal forma a Paralelo Textil, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 16 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial