Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2015 Páx. 9568

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3732/2014).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3732/2014 desta sección, seguido por instancia de Enrique Vilariño Feáns contra Fogasa e Moure Pan, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial María Socorro Bazarra Varela.

A Coruña, 16 de febreiro de 2015.

O anterior escrito, subscrito polo avogado do Estado, únase ao recurso da súa razón, xunto coas súas copias.

Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense ás demais partes para compareceren, mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez (10) días, achegando copias dese escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da citada sala, deberán acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Enténdese que a parte recorrente compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela que a resolución desta sala se recorreu en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

E para que sirva de notificación e emprazamento en legal forma a Moure Pan, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial