Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2015 Páx. 9581

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 29 de Madrid

EDICTO (430/2013).

Elena Mónica de Celada Pérez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 29 de Madrid, fai saber que no procedemento 8/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Edgar Agustín Jiménez Quezada fronte a Sucomaga, S.L. sobre execución forzosa, se ditou a seguinte resolución:

«Parte dispositiva

Álzase o embargo acordado na presente execución de contas correntes e AEAT do executado Sucomaga, S.L., e cancélanse as medidas de garantía adoptadas.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición ante este xulgado, non obstante o cal se levará a efecto o acordado. O recurso deberase interpor por escrito no prazo de tres (3) días hábiles contados desde o seguinte ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente. Sen estes requisitos non se admitirá o recurso (artigo 186.1 da Lei de xurisdición social).

Así o acordo e asino. Dou fe.

Elena Mónica de Celada Pérez
Secretaria xudicial»

E para que sirva de notificación en legal forma a Sucomaga, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula na oficina xudicial, polo medio establecido para o efecto, salvo as que sexan auto, sentenza ou decretos que poñan fin ao procedemento ou resolvan un incidente ou cando se trate de emprazamento.

Madrid, 16 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial