Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2015 Páx. 9579

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (808/2014)

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Isaac Chapela García contra Palmeiro, S.L., en procedemento de despedimento rexistrado co número 808/2014, se acordou citar a Palmeiro, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, sala de vistas 3, planta baixa, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 16.3.2015, ás 10.40 e 10.50 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, o decreto de admisión da demanda, así como copia desta, e demais resolucións ditadas no presente procedemento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Igualmente, ponse no seu coñecemento que no procedemento de despedimento número 106/2015 seguido nese xulgado se ditou resolución, o día 12 de febreiro de 2015, do seguinte teor:

Dispoño a acumulación do presente procedemento de despedimento ao procedemento de rescisión contractual número 808/2014 seguido neste xulgado, continuar a súa tramitación nun único procedemento e dar de baixa este no libro de asuntos xerais.

Expídase a correspondente certificación literal desta resolución, que quedará unida ao procedemento e lévese o orixinal ao libro correspondente.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Palmeiro, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial