Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2015 Páx. 9577

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (975/2013).

Procedemento ordinario: 975/2013

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Verónica Seijo Ferro

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandadas: Fotocopias Maxin, S.L.U. e Fogasa

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 975/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Verónica Seijo Ferro contra Fotocopias Maxin, S.L.U, sobre ordinario, se ditou a seguinte Resolución con data do 16 de febreiro de 2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva

Acordo:

– Considerar que Verónica Seijo Ferro desiste da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Fotocopias Maxin, S.L.U. e Fogasa.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción contida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei de xurisdición social).

E para que sirva de notificación en legal forma a Fotocopias Maxin, S.L.U., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial