Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2015 Páx. 9471

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación do estudo de detalle do cuarteirón Z7 RUP-8 S.U. Santa María de Canide (expediente FG 536).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 29 de xaneiro de 2015, acordou, entre outros, o seguinte, facendo constar que con esta mesma data se remitiu a documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

– Aprobar definitivamente o documento denominado modificación do estudo de detalle do cuarteirón Z7 RUP-8 S.U. Santa María de Canide. Documento do 10 de decembro de 2014 nº 17889.

– Arquivar o documento nº 13421, do 18 de setembro de 2014, ao quedar substituído polo que se aproba.

– Declarar que o documento de estudo de detalle aprobado polo Pleno do 28 de decembro de 2006 queda derrogado coa aprobación deste modificado.

Recursos. O estudo de detalle é unha disposición xeral, polo que contra el poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta disposición.

Oleiros, 6 de febreiro de 2015

Ángel García Seoane
Alcalde presidente