Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2015 Páx. 9469

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO de licitación (expediente 70/14A).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moaña.

2. Obxecto do contrato: mellora da seguridade viaria na rúa Ramón Cabanillas, Moaña (Pontevedra).

3. Prazo de execución: tres (3) meses.

4. Tramitación: ordinaria.

5. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso, múltiples criterios de adxudicación.

6. Base ou tipo de licitación (anexo I 1.3 do prego de cláusulas administrativas particulares): 154.915,14 €, IVE excluído.

7. Garantía provisoria: non se exixe.

8. Garantía definitiva: equivalente ao 5 % do importe da adxudicación (IVE excluído).

9. Obtención de información e documentación: nas dependencias da Secretaría Xeral do Concello de Moaña. As Barxas 2. 36950 Moaña. Pontevedra. Teléfono: 986 31 01 00, fax: 986 31 01 04 e no perfil do contratante na páxina web do Concello www.concellodemoana.org

10. Proposicións: lugar e prazo de presentación: consonte establece a cláusula 10ª do prego de cláusulas administrativas particulares, no Rexistro de Entrada do Concello de Moaña durante o prazo de vinte e seis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no último boletín en que apareza (BOP, DOG ou perfil do contratante). Documentación: cláusula 13 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Capacidade para contratar: consonte establece a cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Máis información nos pregos, que se consultarán en horario de oficina na propia casa do concello e na páxina web do Concello (perfil do contratante www.concellodemoana.org).

Moaña, 2 de febreiro de 2015

José Fervenza Costas
Alcalde