1. Entidade adxudicadora: Concello de Moaña.
2. Obxecto do contrato: medidas de mellora en distintas beirarrúas de Moaña.
3. Prazo de execución: seis (6) semanas.
4. Tramitación: ordinaria.
5. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso, múltiples criterios de adxudicación.
6. Base ou tipo de licitación (anexo I 1.3 do prego de cláusulas administrativas particulares): 63.088,27 €, IVE excluído.
7. Garantía provisoria: non se exixe.
8. Garantía definitiva: equivalente ao 5 % do importe da adxudicación (IVE excluído).
9. Obtención de información e documentación: nas dependencias da Secretaría Xeral do Concello de Moaña. As Barxas 2. 36950 Moaña. Pontevedra. Teléfono: 986 31 01 00, fax: 986 31 01 04 e no perfil do contratante na páxina web do Concello www.concellodemoana.org.
10. Proposicións: lugar e prazo de presentación: consonte establece a cláusula 10ª do prego de cláusulas administrativas particulares, no Rexistro de Entrada do Concello de Moaña durante o prazo de vinte e seis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no último boletín en que apareza (BOP, DOG ou perfil do contratante). Documentación: cláusula 13 do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Capacidade para contratar: consonte establece a cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Máis información nos pregos, que se consultarán en horario de oficina na propia casa do concello e na páxina web do Concello (perfil do contratante www.concellodemoana.org).
Moaña, 2 de febreiro de 2015
José Fervenza Costas
Alcalde