Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2015 Páx. 9472

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trasmiras

ANUNCIO de información pública sobre a ampliación de actividade de explotación cunícula en Rabal.

Jaime Vázquez Álvarez solicitou desta alcaldía licenza municipal para a ampliación de actividade de explotación cunícula situada en Rabal (Trasmiras). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría do Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Trasmiras, 13 de febreiro de 2015

Emilio Pazos Ojea
Alcalde