Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2015 Páx. 9473

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2015, de concurso, polo procedemento aberto, para a subministración sucesiva de tubos de baleiro para a obtención de mostras de sangue e equipamentos desbotables de aférese.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa da Fundación.

c) Número de expediente: AB-FCT1-14-011.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de tubos de baleiro para a obtención de mostras de sangue e equipamentos desbotables de aférese da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

b) División por lotes e número: si, 4 lotes.

Lote 1: tubos de baleiro para obtención de mostras de sangue.

Lote 2: equipamentos desbotables de aférese multicompoñente e equipamentos para dobre plamaférese.

Lote 3: equipamentos desbotables de aférese en doadores con accesos deficientes e/ou escasa volemia.

Lote 4: equipamentos desbotables de aférese para a obtención de dobre concentrado de hemacias.

c) Lugar de execución: os indicados no seu momento pola Dirección do centro.

d) Prazo de execución: 24 meses desde a sinatura do contrato.

e) Duración do contrato: 24 meses desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os múltiples criterios contidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: total contratación: 1.812.520 €, IVE non incluído.

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

b) Domicilio: avda. Monte da Condesa, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

d) Teléfono: 881 54 69 00.

e) Telefax: 981 59 31 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do último día da presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 7 de abril de 2015.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia (sala de xuntas).

b) Enderezo: avda. Monte da Condesa, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

d) Data e hora: as indicadas no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do centro.

10. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: si, por conta do adxudicatario. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 27 de febreiro de 2015.

13. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: perfil do contratante: www.sergas.es e plataforma de contratación pública de Galicia: www.contratosdegalicia.es

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2015

María Inmaculada Rodríguez Calvo
Directora técnica da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia