Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2015 Páx. 9382

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña

EDICTO (250/2013).

Francisco Ferreiro Vázquez, secretario xudicial do Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña, por medio do presente

Anuncio:

Neste procedemento de xuízo ordinario seguido por instancia de Consentino, S.A. fronte a Mármoles Cruceiro, S.L. e María del Carmen Pérez Fernández ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 104/2014

A Coruña, 22 de abril de 2014

Vistos por Nuria Fachal Noguer, maxistrada xuíza do Xulgado Mercantil número 2 da Coruña, os autos do xuízo ordinario 250/2013-R, sobre incumprimento contractual e
reclamación ao administrador por débedas sociais, no cal son partes a demandante Consentino, S.A., asistida polo letrado Sr. Trapote Fernández e representada polo procurador Sr. Amador Pardo, e os demandados, Mármoles Cruceiro, S.L. e María del Carmen Pérez Fernández, en situación de rebeldía procesual.

Estimando integramente a demanda interposta por Consentino, S.A., asistida polo letrado Sr. Amador Pardo, contra os demandados, Mármoles Cruceiro, S.L. e María del Carmen Pérez Fernández, en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno solidariamente a Mármoles Cruceiro, S.L. e a María del Carmen Pérez Fernández a aboar á demandante a suma de 4.808,85 euros, máis os xuros legais da Lei 3/2004, desde a data de en que deberon aboarse as cantidades no que se respecta á codemandada Mármoles Cruceiro, S.L. e desde a data da interpretación xudicial (15 de xullo de 2013) no que atinxe á codemandada María del Carmen Pérez Fernández.

Todo iso con expresa imposición de custas á parte demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Esta resolución non é firme. Contra ela cabe recurso de apelación, que deberá interporse neste xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación.

E encontrándose os ditos demandados, Mármoles Cruceiro, S.L. e María del Carmen Pérez Fernández, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.