Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2015 Páx. 9384

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (1185/2012-AL).

Carlota Fernández Ambrós, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, dou fe e certifico:

Ditouse sentenza no xuízo ordinario 1185/2012-AL, no cal é demandante María José Pérez Gonzalo e demandados os herdeiros descoñecidos e incertos de Francisco Santos Orero.

Da dita sentenza os interesados poderán ter coñecemento íntegro na secretaría deste xulgado.

A resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no prazo de vinte días, contados a partir desta publicación, que deberá interporse neste xulgado.

E como consecuencia do ignorado paradoiro dos herdeiros descoñecidos e incertos de Francisco Santos Orero e para que sirva de notificación en forma por medio de publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino o presente.

A Coruña, 30 de decembro de 2014