Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2015 Páx. 9385

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia

EDICTO (235/2013).

María Isabel Parajo Martínez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Noia, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Financiera El Corte Ingles, E.F.C., S.A. fronte a Fernando Balado Carrillo ditouse sentenza, cuxo encabezamento e decisión é o seguinte:

Sentenza: 28/2014.

Procedemento: xuízo verbal número 235/2013.

Parte demandante: Financiera El Corte Inglés, E.F.C., S.A.

Procurador: Francisco Javier Salmonte Rosendo.

Letrado: José Luis Martínez-Olivares Gómez.

Parte demandada: Fernando Balado Carrillo, declarado en situación de rebeldía procesual.

Noia, dezanove de xuño de dous mil catorce.

Decisión:

Que, desestimando integramente a demanda interposta polo procurador Francisco Javier Salmonte Rosendo, en nome e representación da entidade Financiera El Corte
Inglés, E.F.C., S.A. contra Fernando Balado Carrillo, en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro que non proceden os pedimentos contidos na demanda, e absolvo o demandado das ditas pretensións.

Todo iso con expresa imposición das custas procesuais á parte demandante.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación: contra esta resolución non cabe ningún recurso, polo que se declara firme.

E encontrándose o dito demandado, Fernando Balado Carrillo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.