Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2015 Páx. 9163

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (674/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 674/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Tetiana Kozhukar contra Inmaculada Meijide Díaz, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 2 da Coruña

Reforzo

Sentenza: 82/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 674/2014

Demandante: Tetiana Kozhukar.

Letrada: Sra. Galán Grillo

Demandada: Inmaculada Meijide Díaz

Fogasa

A Coruña, 12 de febreiro de 2015.

Resolución

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Tetiana Kozhukar fronte a Inmaculada Meijide Díaz e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada ao pagamento de 181,49 euros en concepto de indemnización, declarando extinguida a relación laboral en data do 30.5.2014.

2º. Estimo a demanda sobre reclamación de cantidade formulada por Tetiana Kozhukar fronte a Inmaculada Meijide Díaz e, en consecuencia, condeno esta a pagar á primeira a suma de 1.140,13 euros en concepto de salarios percibidos, así como o 10 % desa cantidade en concepto de xuro moratorio nos termos do artigo 29.3 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Inmaculada Meijide Díaz, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 12 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial