Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2015 Páx. 9165

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (700/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número tres de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Lucas Méndez Fernández contra Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.; Gellega de Técnicas e Investimentos, S.L.; Sotegal de Enerxías, Esinor Sistemas, S.L.U; Pocomaco Inversiones, S.A.U.; Manuel Lombardía Rodríguez e Manuel Vázquez Cabo, en procedemento de despedimento rexistrado co número 700/2014, acordouse citar a codemandada Coruñesa de Ahorro Energético, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan na sala de vistas deste Xulgado do Social número tres de Santiago de Compostela, situado en rúa Berlín, s/n, Sala de Vistas 3, Pl. baixa, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 9.5.2015 ás 9.10 horas e ás 9.15 horas para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselles saber que se encontra á súa disposición na oficina xudicial deste xulgado o decreto de admisión da demanda así como copia desta, e demais resolucións ditadas neste procedemento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Coruñesa de Ahorro Energético, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial