De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Os actos foron adoptados polo xefe territorial e pola instrutora.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 5º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 9 de febreiro de 2015
José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: CO-RES-2013-0125.
Interesado: Dorinel Marin.
Acto notificado: 1ª imposición de multa coercitiva e novo apercibimento.
Expediente: CO-RES-2014-0189.
Interesado: Sorin Roua.
Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.