Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2015 Páx. 9175

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo que se lle notifica a MG Otero Consultores, S.L. a Resolución do 27 de xaneiro de 2015 pola que se acorda a procedencia de reintegro da subvención concedida ao abeiro da Orde do 17 de setembro de 2007, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a mobilización, dinamización e sistematización da innovación (Diario Oficial de Galicia número 185, do 24 de setembro) (expediente CEI-SXT-2014/32).

Unha vez intentada a práctica de notificación con MG Otero Consultores, S.L., a través do servizo de Correos, da Resolución do 27 de xaneiro de 2015 pola que se acorda a procedencia de reintegro da subvención concedida no ano 2007, non foi posible realizala, por tanto, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), procede a notificación da resolución cuxo contido se recolle sumariamente neste anuncio por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A interesada poderá examinar a resolución completa no Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria da Vicesecretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Os órganos competentes da Consellería de Facenda notificaranlle oportunamente o lugar, a forma e o prazo do ingreso da cantidade que se vai reintegrar, así como a liquidación dos xuros de demora xerados desde o seu pagamento, de conformidade coa Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG do 7 de agosto).

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante esta consellería, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Persoa xurídica a que vai dirixida esta notificación: MG Otero Consultores, S.L. CIF: B36887412.

Último enderezo coñecido: avda. Ricardo Mella, 610, 36392 Pontevedra.

Data da resolución: 27 de xaneiro de 2015.

Asunto: expediente CEI-SXT-2014/32 Resolución do 27 de xaneiro de 2015 pola que se acorda a procedencia do reintegro e a revogación da subvención concedida a MG Otero Consultores, S.L. ao abeiro da Orde do 17 de setembro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a mobilización, dinamización e sistematización da innovación, por importe de 35.000 €.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2015

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria