Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2015 Páx. 9173

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería e Economía e Industria, polo que se lle notifica a Bluguía, S.L. a Resolución do 27 de xaneiro de 2015 pola que se acorda a procedencia de reintegro da subvención concedida ao abeiro da Orde do 7 de outubro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o financiamento de accións orientadas a produtos ou servizos de innovación tecnolóxica relacionados co Xacobeo 2010 (Diario Oficial de Galicia número 206, do 21 de outubro) (expediente CEI-SXT-2014/30).

Unha vez intentada a práctica de notificación a Bluguía, S.L., a través do servizo de Correos, da Resolución do 27 de xaneiro de 2015 pola que se acorda a procedencia de reintegro da subvención concedida no ano 2009, non foi posible realizala, por tanto, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), procede a notificación da resolución cuxo contido se recolle sumariamente neste anuncio por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A interesada poderá examinar a resolución completa no Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria da Vicesecretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Os órganos competentes da Consellería de Facenda notificaranlle oportunamente o lugar, a forma e o prazo de ingreso da cantidade que se vai reintegrar, así como a liquidación dos xuros de demora xerados desde o seu pagamento, de conformidade coa Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG do 7 de agosto).

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses que comenzará a contar desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes que comenzará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante esta consellería, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Persoa xurídica a que vai dirixida esta notificación: Bluguía, S.L. CIF: B27705847.

Último enderezo coñecido: rúa do Progreso, 36, 5º, 36201 Vigo, Pontevedra.

Data da resolución: 27 de xaneiro de 2015.

Asunto: expediente CEI-SXT-2014/30 Resolución do 27 de xaneiro de 2015 pola que se acorda a procedencia de reintegro total da subvención concedida a Bluguía, S.L. ao abeiro da Orde do 7 de outubro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competititiva, das subvencións para o financiamento de accións orientadas a produtos ou servizos de innovación tecnolóxica relacionados co Xacobeo 2010, por importe de 262.300 €.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2015

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria