Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2015 Páx. 9177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo que se lle notifica a Elaborados Gallegos, S.A. a Resolución do 27 de xaneiro de 2015 pola que se acorda a procedencia do reintegro da subvención concedida ao abeiro da Orde do 24 de xuño de 2009, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada Peme I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite) (Diario Oficial de Galicia número 130, do 6 de xullo) (expediente CEI-SXT-2014/33).

Unha vez intentada a práctica de notificación a Elaborados Gallegos, S.A., a través do servizo de Correos, da Resolución do 27 de xaneiro de 2015 pola que se acorda a procedencia de reintegro da subvención concedida no ano 2009, non foi posible realizala, por tanto, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), procede a notificación da resolución cuxo contido se recolle sumariamente neste anuncio por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A interesada poderá examinar a resolución completa no Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria da Vicesecretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Os órganos competentes da Consellería de Facenda notificaranlle oportunamente o lugar, a forma e o prazo do ingreso da cantidade que se vai reintegrar, así como a liquidación dos xuros de demora xerados desde o seu pagamento, de conformidade coa Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG do 7 de agosto).

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante esta consellería, todo iso de conformidad co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Persoa xurídica a que vai dirixida esta notificación: Elaborados Gallegos, S.A. CIF: A36752202.

Último enderezo coñecido: polígono industrial de Amoedo, parcela 2, 36841 Pazos de Borbén, Pontevedra.

Data da resolución: 27 de xaneiro de 2015.

Asunto: expediente CEI-SXT-2014/33 Resolución do 27 de xaneiro de 2015 pola que se acorda a procedencia de reintegro da subvención concedida a Elaborados Gallegos, S.A. ao abeiro da Orde do 24 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada Peme I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite), por importe de 9.768,56 €.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2015

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria