Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 9093

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións na rúa Antón Fraguas, da unidade de actuación número 35 do PXOU.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o 2.2.2015, adoptou o seguinte acordo que, na súa parte dispositiva, literalmente di:

(...) «Primeiro. Prestar aprobación inicial ao Plan especial de infraestruturas e dotacións na rúa Antón Fraguas (Pontevedra), na unidade de actuación 35 do PXOU, instrumento urbanístico formulado por este concello e redactado pola arquitecta municipal adscrita á oficina técnica de arquitectura e planeamento o 2.12.2014, para execución da sentenza ditada o 23.6.2011, no procedemento ordinario 4601/2007, pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, confirmada pola Sentenza do Tribunal Supremo do 9.5.2014, ditada no recurso de casación número 5634/2011.

Segundo. Someter a información pública o expediente, incluíndo o resumo executivo, polo prazo dun mes, mediante a publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia, taboleiro de edictos do Concello, na páxina web http://www.pontevedra.eu e en dous dos xornais de maior difusión da provincia, para efectos de que durante o dito período se poidan formular as alegacións e suxestións pertinentes. O remate do referido prazo de alegacións computarase desde a data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, e dilixenciarase a documentación exposta pola Secretaría Xeral, con notificación individual aos propietarios do terreos afectados segundo relación catastral incorporada ao expediente e, particularmente, ás entidades mercantís Construcciones y Obras Veteris, S.L. e a Tejima España, S.A., a cal terá como constituída en parte e interesada no expediente. Esta notificación farase por medio de anuncios no taboleiro de edictos do Concello e no BOP cando sexan descoñecidos, sexa ignorado o lugar de notificación ou, tentada esta, non se poida practicar.

Terceiro. Solicitar, durante o período de información pública do expediente, informe de Augas de Galicia que deberá ser emitido no prazo máximo dun mes, segundo o establecido no artigo 86.1.b) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, en relación co artigo 39 da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (...)».

• Faise constar que o resumo executivo está dispoñible, ademais de no expediente, na páxina web do Concello de Pontevedra http:// www.pontevedra.eu, na sección «Taboleiro de anuncios».

Pontevedra, 6 de febreiro de 2015

Miguel Anxo Fernández Lores Raimundo González Carballo
Alcalde Concelleiro secretario da Xunta de
Goberno Local