Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 9095

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2015 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, suxeito a regulación harmonizada, para a contratación dun servizo de transporte adaptado para persoas usuarias do servizo público de atención diúrna nos centros da rede do Consorcio (lotes 1, 2, 3 e 4).

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Número de expediente: CGSIB/002/15/SE/TR.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: contratación dun servizo de transporte adaptado para persoas usuarias do servizo público de atención diúrna nos centros de rede do Consorcio.

a) Lugar de execución: Galicia.

b) Prazo de execución: dous anos contados desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total, IVE incluído:

– Lote 1: 420.660 €.

– Lote 2: 290.280 €.

– Lote 3: 435.420 €.

– Lote 4: 399.504 €.

– Total: 1.545.864 €.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: si (5 % do orzamento da adxudicación, excluído o IVE, de cada lote).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono de información: 981 56 87 05.

e) Telefax: 981 56 88 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.igualdadebenestar.org

7. Requisitos específicos do/da contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: as 14.00 horas do día 27 de marzo de 2015.

b) Documentación que se ten que presentar: a que figura na cláusula 6ª do prego de cláusulas administrativas particulares. Debe figurar no exterior dos sobres o CIF de quen licita. No caso de se tratar de persoas inscritas no Rexistro de Contratistas, indicarase no exterior do sobre A o número do dito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

2º. Domicilio: rúa Amor Ruibal nº 30-32, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Prazo durante o cal a persoa que licita estará obrigada a manter a súa oferta: ver prego.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal nº 30-32, baixo.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: a apertura en acto público do sobre B terá lugar na sala de xuntas do Consorcio o 6 de abril de 2015, ás 10.00 horas, e a do sobre C, na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

10. Outras informacións.

– Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Criterios de valoración: os que se enumeran coas súas valoracións nos pregos e no perfil de contratante.

– Apertura dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizarase con anterioridade á apertura e valoración do sobre C. No caso de que a apertura do sobre B se atrase, farase pública a nova data mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil de contratante.

11. Gastos dos anuncios: os anuncios da presente licitación serán por conta da persoa adxudicataria.

12. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 2 de febreiro de 2015.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2015

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar