Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 9092

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico de Ourense para a supresión da unidade de actuación número 14 (expediente de planeamento urbanístico 2014015487).

Anúnciase que a Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 29 de xaneiro de 2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

13. Modificación puntual do Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico de Ourense para a supresión da UE-14 (expediente de planeamento urbanístico 2014015487).

A Xunta de Goberno Local, de conformidade coa proposta, por unanimidade dos asistentes (5 votos a favor), acordou:

1º. Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico de Ourense para a supresión da unidade de actuación nº 14, segundo documento técnico redactado de oficio polo Servizo de Rehabilitación, vivendas de protección pública e Plan especial de reforma interior.

2º. Sometelo a información pública polo prazo mínimo dun mes, mediante anuncio que se publicará no DOG e en dous dos xornais de maior circulación da provincia.

3º. Proceder á notificación individualizada deste acordo aos propietarios catastrais dos terreos afectados por este instrumento de planeamento.

Ourense, 2 de febreiro de 2015

Agustín Fernández Gallego
Alcalde presidente