Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 9091

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO aclaratorio sobre o financiamento do expediente O-24/2014.

Como complemento a anteriores anuncios relativos á contratación das obras comprendidas no proxecto de reforma dun local municipal para viveiro de empresas situado no polígono 4 Papagaio-Tabares do Pepri da Coruña (ref. O-24/2014), publicados nese DOG con datas do 15 de outubro de 2014, páxina 44362, e do 17 de outubro de 2014, páxina 44708, e en cumprimento da Resolución da tenente de alcalde delegada de Contratación, do 12 de febreiro de 2015, faise constar que este proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), nun 80 %, dentro do seu eixe 2 Desenvolvemento e innovación empresarial, e que deberá figurar no encabezamento de todos os documentos o logo correspondente.

A Coruña, 23 de febreiro de 2015

Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda
e Administración Pública