Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 9088

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO para a adxudicación do servizo de funcionamento, mantemento e conservación da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Arzúa, bombeos (Lema, O Río Vello e As Barrosas) e fosa séptica de Boente.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Arzúa.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: prestación do servizo de funcionamento, mantemento e conservación da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Arzúa, bombeos de Lema, O Río Vello e As Barrosas, e fosa séptica de Boente.

b) Nomenclatura: CPV-2008: 90481000-2.

c) Lugar de execución: Arzúa.

d) Prazo de execución: un (1) ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multiplicidade de criterios de valoración.

4. Orzamento:

a) Orzamento máximo de licitación: 145.204,86 euros + 14.520,48 (10 % IVE)= 159.725,34 euros.

b) Revisión de prezos: de conformidade co disposto no artigo 89 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, nesta contratación non procede a revisión de prezos.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Departamento de Secretaría do Concello e no perfil de contratante
www.concellodearzua.com.

b) Domicilio: rúa Santiago, nº 2.

c) Localidad e código postal: Arzúa 15810.

d) Teléfono: 981 50 00 00 - 981 81 50 01.

e) Telefax: 981 50 09 14.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se exixe.

8. Criterios de valoración:

1. Avaliables mediante xuízos de valor:

a) Proxecto de funcionamento, mantemento e conservación……...…ata 30 puntos.

– Estrutura de persoal adscrito ao contrato………………………...…..ata 5 puntos.

– Programa de mantemento e conservación das instalacións….....…ata 5 puntos.

– Programa de control analítico……………………………………........ata 5 puntos.

– Programa de seguridade e saúde…………………………………......ata 5 puntos.

– Sistema de xestión de calidade…………………….....………………ata 5 puntos.

– Plan de protección ambiental………………………..............………..ata 5 puntos.

2. Avaliables de forma autómática mediante aplicación de fórmulas:

b) Oferta económica……………………………………………........……ata 50 puntos.

c) Melloras nas instalacións………………………………………….......ata 20 puntos.

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no último dos dous boletíns en que apareza (DOG ou BOP).

b) Domentación que cómpre presentar: a especificada na cláusula 11.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello.

10. Apertura das ofertas:

A mesa de contratación, ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións (se coincide en sábado trasladarase a apertura ao seguinte día hábil), abrirá a documentación presentada nos sobres A. As datas de apertura dos sobres B e C (en acto público) anunciaranse previamente no taboleiro de anuncios do Concello e no perfil de contratante, nos termos sinalados no correspondente prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de publicación dos anuncios de licitación: serán por conta do adxudicatario, ata un máximo de 1.500 euros.

Arzúa, 25 de febreiro de 2015

José Luis García López
Alcalde