Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2015 Páx. 8857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 10 de febreiro de 2015 pola que se notifica o Acordo do 23 de outubro de 2014, que fixa o prezo xusto do predio número 3 sito en Ourol, relativo ao proxecto 00495 (expediente 2008/002715).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Remedios Rodríguez Restrabada o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 23 de outubro de 2014, que fixa o prezo xusto do predio nº 3 sito en Ourol, relativo ao proxecto 00495, expediente 2008/002715, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00495-Parque Eólico de Sabucedo. Exp. 105-EOL.

Número de expediente: 2008/002715.

Persoa que se notifica: Remedios Rodríguez Restrabada.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial de Lugo.

Expropiada: MVMC do Sisto.

Beneficiaria: Eólicos do Morrazo, S.L.

Predio nº: 3.

Concello: Ourol.

Provincia: Lugo.

Valoración da resolución do Xurado: 7.172,65 €.