Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2015 Páx. 8859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 10 de febreiro de 2015 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2007002441 e 201400247).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00316, CP-3608 alargamento e acondicionamento da Feira do Dous en Serantes a Doniños p.q. 0,00 ao p.q. 1,20. clave 0411300005.0. TM Ferrol.

Concello: Ferrol.

Provincia: A Coruña.

Expropiante: Deputación Provincial da Coruña.

Beneficiario: Deputación Provincial da Coruña.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data acto que se notifica

Nº de expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Juan Manuel Prieto Esteiro

Juan Manuel Prieto Esteiro

18.12.2014

18.12.2014

2007002441

2014000247

33

33 CO

2.778,30

4.000,50