Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2015 Páx. 8861

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 10 de febreiro de 2015 pola que se notifica o Acordo do 18 de decembro de 2014 que fixa o prezo xusto do predio número 217, sito nas Pontes de García Rodríguez, relativo ao proxecto 00064 (expediente 2006/007964).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a Lucinda Amarelo Ramos o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia, do 18 de decembro de 2014, que fixa o prezo xusto do predio nº 217, sito nas Pontes de García Rodríguez, relativo ao proxecto 00064 (expediente 2006/007964), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición da interesada nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00064-Autovía Ferrol-Vilalba. Treito Espiñaredo-núcleo urbano das Pontes de García Rodríguez. Ref. AC/00/76.1. TM As Pontes de García Rodríguez.

Nº de expediente: 2006/007964.

Persoa para notificar: Lucinda Amarelo Ramos.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial Estradas da Coruña.

Expropiada: Lucinda Amarelo Ramos.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial Estradas da Coruña.

Predio nº: 217.

Concello: As Pontes de García Rodríguez.

Provincia: A Coruña.

Valoración resolución do Xurado: 7.856,01 €.