Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2015 Páx. 8855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 10 de febreiro de 2015 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2008003134 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00512, LMT a 20 kV CH Río Grande/P.E. Serra do Burgo. Exp. IN407A 04/056-3-AT

Concello: Chandrexa de Queixa

Provincia: Ourense

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial de Ourense

Beneficiaria: Hidroeléctrica del Río Grande, S.L.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto

Persoa que se notifica

Data do acto

que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Juan Vega Vázquez e outra

Manuel Álvarez Castro

María José Arias González

Juan Vega Vázquez e outra

Juan Vega Vázquez e outra

Alfredo Diéguez Estévez e outra

María Remedios Martínez Pérez

18.12.2014

18.12.2014

18.12.2014

18.12.2014

18.12.2014

18.12.2014

18.12.2014

2008003134

2008003141

2008003142

2008003143

2008003145

2008003151

2008003157

14

25

28

29

31

40

71

313,15

426,92

3.464,73

635,58

173,88

1.278,61

99,34