Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2015 Páx. 8775

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (242/2014).

Procedemento ordinario 242/2014

Sobre: ordinario

Demandante: Cristina Cánovas Montes, Elisa Carballa Pereira, Rubén Chaves Lorenzo, Rocío Pazos Barcala, Alejandro Castro Otero

Demandados: Melody Márquez González, Juan Daniel Rodríguez Davila, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 242/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Cánovas Montes, Elisa Carballa Pereira, Rubén Chaves Lorenzo, Rocío Pazos Barcala, Alejandro Castro Otero fronte a Melody Márquez González, Juan Daniel Rodríguez Davila, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), se ditou sentenza coa seguinte

Decisión:

Que estimo a demanda interposta por Cristina Cánovas Montes, Elisa Carballa Pereira, Rocío Pazos Barcala, Alejandro Castro Otero e Rubén Chaves Lorenzo fronte a Melody Márquez González e Juan Daniel Rodríguez Dávila, e condeno os demandados a que lle aboen aos demandantes as seguintes cantidades:

A Cristina Cánovas Montes: 600 euros.

A Elisa Carballa Pereira: 300 euros.

A Rocío Pazos Barcala: 600 euros.

A Alejandro Castro Otero: 300 euros.

E a Rubén Chaves Lorenzo: 300 euros.

Máis o 10 % en concepto de xuro por mora ex artigo 29.3 do ET.

Con intervención do Fogasa.

Contra a presente resolución non cabe interpor recurso ningún, artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Melody Márquez González, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial