Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2015 Páx. 8774

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (229/2014).

Eu, Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 229/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Elena Gallardo Estévez contra Daparoan Hosteleros, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«a) Declarar a executada Daparoan Hosteleros, S.L. en situación de insolvencia por importe de 16.404,22 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se en diante se coñecen novos bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Daparoan Hosteleros, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG».

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial