Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2015 Páx. 8615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Coristanco, Cabana de Bergantiños e Zas.

Expediente: IN407A 2012/09-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: recuamento en MT autovía Carballo-Berdoias.

Concellos: Coristanco, Cabana de Bergantiños e Zas.

Feitos.

1. O 11 de xaneiro de 2012 Unión Fenosa Distribución, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG núm. 70, do 12.4.2012 e no BOP núm. 65, do 3.4.2012.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, de aplicación a este expediente en virtude da disposición transitoria segunda da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro, sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación, de aplicación a este expediente en virtude da disposición transitoria primeira do Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

• Afección 1 á liña de MT aérea CBA-807 a 20 kV entre os apoios nº 32 e 34 situados entre o CH Batán e CT A Agualada I (p.q. 9+784) do tramo Carballo-Baio:

– Liña de MT aérea CBA-807 a 20 kV entre os apoios nº 32 e 32 bis, con orixe en apoio nº 32 existente e final en apoio proxectado nº 32 bis do tipo CH-11/2500, nunha lonxitude de 0,042 km, en condutor LA-56/54,6 mm2 Al.

– Liña de MT subterránea CBA-807 a 20 kV entre os apoios nº 32 bis e 33, con orixe no paso aéreo-subterráneo no apoio nº 32 bis proxectado e final no paso aéreo-subterráneo no apoio proxectado nº 33, cunha lonxitude de 0,152 km, en condutor RHZ1 2OL-12/20 kV-3(1×240) Al.

– Liña de MT aérea CBA-807 a 20 kV entre os apoios nº 33 e 34, con orixe no apoio nº 33 proxectado tipo CH-13/2500, e final en apoio nº 34 existente nunha lonxitude de 0,212 km, en condutor LA-56/54,6 mm2 Al.

• Afección 2 á liña de MT aérea derivada a CT O Rempenín entre os apoios 11 e 14 situados entre a derivada a CT A Maza e derivada a CT O Rempenín (p.q. 12+985 do tramo Carballo-Baio):

– Liña de MT aérea derivada a CT O Rempenín entre os apoios nº 11 e 14, con orixe no apoio nº 11 existente e final en apoio nº 14 existente, nunha lonxitude de 0,424 km, en condutor LA-56/54,6 mm² Al (184 m de novo condutor e 240 m retensado existente en obra), coa instalación de dous novos apoios tipo CH 17,5/100 e un XS no apoio nº 12.

• Afección 3 ás liñas de media tensión aéreas seguintes:

– Liña de MT aérea derivada a CT Camafreita entre os apoios nº 95-3 e 95-6 (p.q. 14+633 do tramo Carballo-Berdoias), con orixe no apoio nº 95-3 existente, e final no apoio 95-6 existente, nunha lonxitude de 0,390 km, en condutor LA-56/54,6 mm² Al (144 m de novo condutor e 246 m de retensado existente en obra), coa instalación de tres novos apoios tipo CH 11/1600, CH 13/630 e CH 16/300.

– Liña de MT aérea derivada a CT Cazón (p.q. 14+596 do tramo Carballo-Berdoias), con orixe en apoio proxectado nº 95-4BIS do tipo C-16/300 de LMTA a CT Camafreita, e final en apoio metálico existente do CT Cazón, nunha lonxitude de 0,103 km, en condutor
LA-56/54,6 mm² Al, con instalación de XS no apoio de entroncamento proxectado nº 95-4BIS.

• Afección 5 a liña de M.T. derivada ao C.T. Sobreira entre os apoios n.º 2 e 4 situados antes do C.T. Sobreira (p.q. 17+297 do tramo Carballo-Baio):

– Liña de MT aérea derivada a CT Sobreira con orixe no apoio nº 2 existente, e final no apoio nº 4 existente, nunha lonxitude de 0,344 km, en condutor LA-56/54,6 mm² Al, coa instalación de dous apoios novos tipo CH-11/630 e CH-13/630.

• Afección 7 á liña de MT aérea DC CBA-803 entre os apoios nº 40 e 43 entre o CT Anos e CT A Ermida (p.q. 20+115 do tramo Carballo-Baio):

– Liña de MT aérea CBA-803 a 20 kV con orixe no apoio nº 40 existente, e final no apoio existente nº 43, nunha lonxitude de 0,435 km, en condutor LA-100/116,2 mm² Al (112 m de novo condutor e 323 m retensado existente en obra), coa instalación de dous novos apoios tipo C-16/7000 e C-18/7000.

O orzamento da instalación segundo proxecto é de157.803,44 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación eléctrica denominada recuamento en MT autovía Carballo-Berdoias.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude que irá acompañada da seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1000, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 4 de febreiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña