Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2015 Páx. 8614

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 4 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas no Vento (Narón) (expediente 102/2014).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,800 km, con orixe na LMTS. SMR-711, no tramo entre o CS Vilacornelle (expte. 545/07) e o CS centro social O Val (expte. 38/07), e final no centro de transformación que se instalará no lugar do Vento, no termo municipal de Narón (expte. 102/2014), por resolución desta xefatura territorial do 1 de setembro de 2014, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo na avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 18 de marzo de 2015 para o levantamento das actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu regulamento do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Narón, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal La Voz de Galicia con datas 25.9.2014, 10.9.2014 e 16.9.2014, respectivamente, acto a que deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos que se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da devandita Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 4 de febreiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña