Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 2015 Páx. 8395

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4200/2013 MRA).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4200/2013 MRA

Xulgado de orixe/autos: p. oficio autoridade laboral 599/2011 Xulgado do Social número 1 da Coruña

Recorrente: Hostelmax, S.C.

Avogado: Jesús Manuel Puñal Souto

Recorridos: Inspección de Traballo e Seguridade Social - A Coruña, Fogasa, Pamela Ciobotaru, Catalina Chirija, Sandica Nica, Lorena Pérez Pardo, Yazmid Gómez Ramires

Avogados: avogado do Estado, (…), (…), (…), (…), (…), (…)

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 4200/2013 desta sección, seguido por instancia da Inspección de Traballo e Seguridade Social, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos

Que desestimando o recurso de suplicación interposto por Hostelmax, S.C. contra a sentenza de data 2.4.2013, ditada polo Xulgado do Social número 1 da Coruña no procedemento número 599/2011 e acumulados 681/2011, seguido por instancia da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social da Coruña contra a parte recorrente, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza contra a que se recorre.

Procede declarar a perda do depósito constituído para recorrer.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Ciobotaru, Chirija Catalina, Nica Sandica, Pérez Pardo Lorena, Gómez Ramiras Yazmid, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 3 de febreiro de 2015