Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 2015 Páx. 8393

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de dous postos de supervisor/a da Unidade de Gardas Xerais desta estrutura organizativa.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, convocouse por Resolución CM 2/2014, do 28 de maio (DOG núm. 117, do 20 de xuño), a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de dous postos de supervisor/a da Unidade de Gardas Xerais.

Con base no Decreto 46/2013, do 7 de marzo, polo que se regula a estrutura organizativa da Xestión Integrada de Vigo, e en virtude das funcións e competencias atribuídas no Decreto 168/2010, do 7 de outubro, e na Orde do 5 de xullo de 2012 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de dous postos de supervisor/a da Unidade de Gardas Xerais da Xestión Integrada de Vigo, convocada pola Resolución do 28 de maio de 2014.

Segundo. Nomear para os postos que se indican as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. As aspirantes nomeadas deberán cesar na praza que desempeñen, dentro dos tres (3) días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince (15) días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderá interporse recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 11 de febreiro de 2015

Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

Denominación do posto: supervisor/a da Unidade de Gardas Xerais.

Nome e apelidos: María Elva Iglesias Lago.

DNI: 36071725C.

Nome e apelidos: Elena Bartolomé Vila.

DNI: 52472127L.