Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8253

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (903/2014).

Despido obxectivo individual 903/2014

Sobre: despedimento

Demandante: María Rosario Sobrido Pando

Avogado: Pedro Naveira Couceiro

Demandados: Limpiezas Secope, S.A., Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial)

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 903/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Rosario Sobrido Pando contra Limpiezas Secope, S.A., Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución (sentenza):

«Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por instancia de María del Rosario Sobrido Pando, asistida polo letrado Sr. Naveira Couceiro, contra a entidade Limpiezas Secope, S.A. e a entidade Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., e contra o Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre despedimento obxectivo individual e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada Limpiezas Secope, S.A. extinguindo a relación laboral na data da sentenza, e condeno as demandadas solidariamente ao aboamento da cantidade de 17.040,72 euros en concepto de indemnización (ao non ser posible a readmisión por peche da empresa).

Condeno as empresas demandas solidariamente a que lle aboen á traballadora os salarios de tramitación desde a data do despedimento á data da extinción da relación laboral no día de hoxe a razón de 38,38 €/día, o que dá a cantidade de 4.605,6 euros.

Condeno as empresas demandadas solidariamente a que lle aboen á traballadora a suma de 4.719,72 euros en concepto de salarios debidos, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A. e Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial