Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8251

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1265/2013).

Procedemento ordinario 1265/2013 L

Sobre: ordinario

Demandante: José Luis Santamaría Couto

Avogado: José Nogueira Esmorís

Demandados: empresa José María Regueira Castro, Fondo de Garantía Salarial

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

Sentenza.

A Coruña, dous de febreiro de dous mil quince.

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 1265/2013 seguidos por instancia de José Luis Santamaría Couto, asistido polo letrado José Nogueira Esmorís, contra o empresario individual José María Regueira Castro, que non comparece, e Fondo de Garantía Salarial, que non comparece, sobre reclamación de cantidade –salarios–.

Decisión:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Luis Santamaría Couto contra o empresario individual José María Regueira Castro e, en consecuencia, debo condenar e condeno a José María Regueira Castro a que lle aboe ao demandante a cantidade de 3.566,95 euros brutos polos salarios devindicados en maio, xuño e xullo de 2013 e a compensación económica polas vacacións non gozadas, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación: lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a subscribe, estando a celebrar audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa José María Regueira Castro, co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, salvo as que revistan a forma de emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 5 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial