Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8249

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (475/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 475/2012 por instancia de José Manuel Taboada Navarro, José Manuel Pita Beade, Eudes Andrés Cuervo Arboleda, Manuel Ángel Alonso Docurro, Fernando Baz Nieto e Héctor Oanes Ferrín contra Manipulados Hércules, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos que recaeu auto de aclaración de sentenza o 4.2.2015 que, copiado nos particulares necesarios, di así:

«Parte dispositiva:

Que, apreciándose un erro na resolución da sentenza, modifícase este, quedando en consecuencia do teor literal seguinte:

«Resolución:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Eudes Andrés Cuervo Arboleda, Manuel Ángel Alonso Docurro, José Manuel Taboada Navarro, Fernando Baz Nieto, Héctor Oanes Ferrín e José Manuel Pita Beade fronte á empresa Manipulados Hércules, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Manipulados Hércules, S.L. a aboar aos demandantes as seguintes cantidades:

• A Eudes Andrés Cuervo Arboleda a cantidade de 5.072,80 euros en concepto de salarios pendentes de pagamento e 783,30 euros en concepto de 60 % de indemnización por extinción por causas obxectivas.

• A Manuel Ángel Alonso Docurro a cantidade de 6.310,84 euros en concepto de salarios pendentes de pagamento e 3.386,81 euros en concepto de 60 % de indemnización por extinción por causas obxectivas.

• A José Manuel Taboada Navarro a cantidade de 6.642,24 euros en concepto de
salarios pendentes de pagamento e 10.454,40 euros en concepto de 60 % de indemnización por extinción por causas obxectivas.

• A Fernando Baz Nieto a cantidade de 5.173,44 euros en concepto de salarios pendentes de pagamento e 2.472,52 euros en concepto de 60 % da indemnización por extinción por causas obxectivas.

• A Héctor Oanes Ferrín a cantidade de 5.274,08 euros en concepto de salarios pendentes de pagamento e 4.575,88 euros en concepto do 60 % da indemnización por extinción por causas obxectivas.

• A José Manuel Pita Beade a cantidade de 5.072,80 euros en concepto de salarios pendentes e 857,83 euros en concepto de 60 % da indemnización por extinción por causas obxectivas.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito
de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O maxistrado xuíz. A secretaria xudicial».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Manipulados Hércules, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 5 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial