Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 2015 Páx. 8098

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (549/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 549/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Ríos Pérez contra Hermanos Seoane, S.L., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario se ditou auto aclaratorio do teor literal:

«Auto.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2015.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 29.12.2014 ditouse sentenza na que segundo manifestacións do letrado do demandante en escrito con selo de entrada con data do 2.1.2015, se cometeu un erro e se interesa por iso aclaración, emenda e complemento.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 267.1 da Lei orgánica do poder xudicial que «Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero que si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material de que adoezan».

Ao anterior precepto debe agregarse ao establecido nos artigos 214 e seguintes da Lei de axuizamento civil ao establecer que os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material de que adoezan.

As aclaracións a que se refire o punto anterior poderán facerse de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou por petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo, sendo neste caso resolta polo tribunal dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración.

Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.

Pola súa banda, o artigo 215 refírese á emenda e complemento de sentenzas e autos defectuosos ou incompletos establecendo que as omisións ou defectos de que puideren adoecer sentenzas e autos e que for necesario remediar para levar plenamente a efecto as devanditas resolucións poderán ser emendadas, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecidos no artigo anterior.

Se se tratase de sentenzas ou autos que tiveren omitido manifestamente pronunciamentos relativos a pretensións oportunamente deducidas e tramitadas no proceso, o tribunal, por solicitude escrita de parte no prazo de cinco días contado desde a notificación da resolución, logo de traslado da devandita solicitude ás demais partes, para alegacións escritas por outros cinco días, ditará auto polo que resolverá completar a resolución co pronunciamento omitido ou non haber lugar a completala.

Se o tribunal advertise en sentenzas ou autos que ditase as omisións a que se refire o punto anterior, poderá, no prazo de cinco días contados desde a data en que se dita, proceder de oficio, mediante auto, a completar a súa resolución, pero sen modificar nin rectificar o que tiver acordado.

Non caberá recurso ningún contra os autos en que se completen ou se denegue completar as resolucións a que se refiren os anteriores puntos deste artigo, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza ou auto a que se referise a solicitude ou a actuación de oficio do tribunal. Os prazos para estes recursos, se foren procedentes, comezarán a computarse desde o día seguinte ao da notificación do auto que recoñecese ou negase a omisión de pronunciamento e acordase ou denegase remediala.

Doutra parte, non procede acceder á imposición de custas no presente procedemento. A mera non comparecencia do demandado non é razón de temeridade ou mala fe.

Segundo. En aplicación do anterior interésase polo letrado do demandante, emenda de erro na decisión, ao recoñecerse en sentenza a nulidade do despedimento, e non obstante sinalar na decisión que é improcedente.

Efectivamente, no fundamento xurídico sexto recoñécese a nulidade do despedimento do demandante e no fundamento décimo primeiro as consecuencias da nulidade e por erro na decisión dise que o despedimento é improcedente cando se debería declarar a nulidade en consonancia coa fundamentación xurídica da sentenza, tratándose o erro a un erro de trascrición, material e, polo tanto, emendable, debe emendarse na forma que se indica na parte dispositiva del esta resolución.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeneral aplicación.

Parte dispositiva.

Procede aclarar a sentenza con data do 29.12.2014 no sentido seguinte:

Na decisión onde se sinala:

Que considerando integramente as demandas interpostas por instancia de Santiago Ríos Pérez, asistido polo letrado Sr. Blanco Pérez, contra a entidade Hermanos Seoane, S.L. e o Fogasa:

– Debo declarar e declaro extinguida a data da presente resolución (29.12.2014) a relación laboral existente entre o demandante e a demandada.

– Debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado pola demandada con data de efectos o 31.8.2014, con declaración de extinción así mesmo da relación laboral polo devandito despedimento por non ser realizable a readmisión,

Debería sinalarse:

Que considerando integramente as demandas interpostas por instancia de Santiago Ríos Pérez, asistido polo letrado Sr. Blanco Pérez, contra a entidade Hermanos Seoane, S.L. e o Fogasa:

Debo declarar e declaro extinguida a data da presente resolución (29.12.2014) a relación laboral existente entre o demandante e a demandada.

Debo declarar e declaro nulo o despedimento do demandante efectuado pola demandada con data de efectos o 31.8.2014, con declaración de extinción, así mesmo, da relación laboral polo devandito despedimento por non ser realizable a readmisión.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún.

Así por esta a miña resolución, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial