Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 2015 Páx. 8102

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (144/2014).

Execución de títulos xudiciais 144/2014

Procedemento orixe: procedemento ordinario 964/2012

Sobre ordinario

Demandante: Daniel Rodríguez García

Avogado: Daniel Martínez Méndez

Demandado: Néstor García García

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 144/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Rodríguez García contra Néstor García García, sobre ordinario, se ditou o día 4 de febreiro de 2015 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado, en situación de insolvencia total, por importe de 4.667,21 euros de principal, máis 466,72 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E, de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial