Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 2015 Páx. 7771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Narón e Ferrol (expediente IN407A 2014/151-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Expediente: IN407A 2014/151-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT Amenedas-CR Lagoas.

Situación: concellos de Narón e Ferrol.

Características técnicas:

LMT soterrada a CT Amenedas-CR Lagoas a 15/20 kV, cunha lonxitude de 599 m, coa orixe en cela de liña proxectada no CT Amenedas (expediente 110/94) en condutor RHZ1-20L-12/20 kV 3(1×240 mm2 Al) e final en cela de liña telecontrolada existente no CR Lagoas (expediente 18.264).

Celas de media tensión en CT Amenadas, modulares con envolvente metálica de illamento SF6.

Desmantelamento do tramo de liña de media tensión aérea DC.CRN-703 coa orixe na subestación de Cornido, condutor tipo LAC-80, cunha lonxitude de 1,032 m.

Este expediente foi sometido a información pública durante o cal non se presentaron alegacións e ao mesmo tempo cumpriuse co trámite de separatas cos organismos afectados.

Consta no expediente informe técnico favorable.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña