Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 2015 Páx. 7769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2014/207-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento de MT en Mina, As Pontes (expediente 593/2007).

Situación: As Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea Tesouro (MOL-816, a 20 kV), cunha lonxitude total de 1.609 m (401 m existentes), condutor tipo LA-56, coa orixe e final:

Afección nº 1: tramo entre os CT Mourela e o CT A. Machado (expediente 83/02).

Afección nº 2, 3 e 4: instalarase un seccionador SXS.

Afección nº 5: acondicionamento de apoio existente avanzado, este apoio nº 19-5 en dirección ao nº 19-4, subestación Tesouro, tres metros mantendo altura e dirección.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña